Legal
Política de cookies
Última actualización: 25 de setembro de 2026
1. Que son as cookies
As cookies son pequenos ficheiros que un sitio web pode gardar no teu navegador para lembrar información entre visitas. Outras tecnoloxías similares, como o almacenamento local (localStorage) e de sesión (sessionStorage), cumpren unha función parecida. O artigo 22.2 da Lei 34/2002 (LSSI-CE) e o Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) esixen informar sobre o seu uso e, cando non son tecnicamente necesarias, recabar o consentimento previo do usuario.
2. Que usamos nesta web
Esta web non utiliza cookies de análise, publicidade nin personalización. Non temos instalado ningún servizo de analítica de comportamento (como Google Analytics), píxeles publicitarios nin ferramentas de seguimento de terceiros. Só medimos o rendemento de carga da web con Vercel Speed Insights, que ofrece datos agregados e anónimos, non usa cookies nin garda información no teu navegador e non te identifica nin te segue entre sitios web. O único que gardamos no teu navegador son dous datos técnicos, que non son cookies propiamente ditas:
webdigna-cookie-choice(localStorage): lembra que xa pechaches o aviso sobre esta política, para non amosarcho en cada visita. Permanece ata que o borres.webdigna-intro-seen(sessionStorage): lembra que xa viches a animación de benvida durante esta sesión, para non repetila cada vez que volves ao inicio. Elimínase automaticamente ao pechar a lapela ou o navegador.
Estes datos:
- Non identifican quen es.
- Non se envían a ningún servidor nin se comparten con terceiros.
- Só existen no teu propio navegador e podes borralos cando queiras.
Ao seren de carácter estritamente técnico e necesarios para o funcionamento da propia web (lembrar a túa elección e non repetir a animación de entrada), están exentos do deber de recabar consentimento previo conforme ao artigo 22.2 da LSSI-CE.
3. Cookies de terceiros
Esta web non incrusta vídeos, mapas nin widgets de terceiros que instalen cookies no teu navegador, e as súas tipografías sérvense desde o propio sitio. As únicas ligazóns de saída son ao noso perfil de Instagram, que se abre nunha lapela nova: unha vez alí, o tratamento de cookies pasa a rexerse pola política de Instagram/Meta, allea a WebDigna.
A área de administración de contidos desta web (de uso interno do equipo de WebDigna, non accesible para o público xeral) utiliza o seu propio sistema de sesión proporcionado por Sanity.io. Este apartado non afecta a quen navega pola web pública.
4. Como xestionar ou borrar estes datos
Podes borrar os datos gardados no almacenamento do teu navegador en calquera momento desde a súa configuración de privacidade (habitualmente en «Borrar datos de navegación» → «Cookies e datos de sitios»). Tamén podes usar a ligazón de preferencias de cookies do pé de páxina. Ao facelo, volverás ver o aviso e a animación de benvida na túa próxima visita.
5. Actualización
Se no futuro incorporamos ferramentas de analítica ou de terceiros que requiran instalar cookies non esenciais, actualizaremos esta política e adaptaremos o aviso da web para recabar o teu consentimento antes de activalas. A data da última actualización figura ao inicio deste documento. Máis información sobre o tratamento dos teus datos na política de privacidade.